Saltar ao contido
Jose Blanco, director de Estudio Blanco

Un só interlocutor.

Estudio técnico e creativo

DeseñamosProgramamosE non marchamos.

Páxinas web, tendas online, software a medida, posicionamento en buscadores, xestión de redes sociais e automatizacións con IA. Todo co mesmo equipo, e o que facemos mantémolo nós.

Facemos que a web dun concello siga en pé dez anos despois de entregala. Construímos o panel que ningunha empresa vende feito porque só o precisa un cliente. O último libro grande que preparamos para imprimir foron 14.500 exemplares, un encargo do Concello de Oleiros. E as campañas, as redes e a analítica lévaas o mesmo equipo que fai todo o anterior.

Traballamos con infraestrutura propia: servidores, correo e analítica que permite medir sen banner de cookies.

Que che resolvemos

Desde o servidor ata a publicación en papel, pasando por todo o que hai no medio. Respondemos do que facemos moito despois de entregalo.

Desenvolvemento a medida

Cando ningún programa fai o que precisas.

Hai traballo que non cabe nun Excel nin nun plugin. Un inventario toponímico con mapa. Un panel que che diga o que gañas de verdade en cada pedido, non o que facturas. Se non existe, hai que facelo.

Next.js · Symfony · PHP · PostgreSQL con PostGIS

Ver o caso

Webs e tendas online

Facelas sábeo facer moita xente; o difícil vén despois.

As actualizacións, as copias, o aviso de seguridade un venres á tarde. Nós quedamos para esa parte, que é a que ninguén quere.

WordPress · WooCommerce · Astro · PrestaShop

Ver o caso

Posicionamento en buscadores

Que te atopen sen pagar por cada clic.

Posicionamento orgánico e local, para que a xente da túa zona te atope cando busca o que ti fas. E cando compensa acelerar, campañas de pago que se apagan o día que deixan de saír a conta.

SEO · SEO local · SEM · Search Console

Ver o caso

Redes sociais con criterio

Estratexia primeiro e publicacións despois.

Miramos onde estás, que fai a competencia e que ten sentido contar. Do calendario xa falamos cando iso estea claro.

Estratexia · contido · informes mensuais

Automatizacións con IA

Que o repetitivo o faga unha máquina.

Hai tarefas que se fan igual cada semana: mover datos dun sitio a outro, xerar un informe, avisar a alguén cando pasa algo. Automatízanse unha vez e deixan de consumir horas.

n8n · Make · integracións con IA

Ver o caso

Infraestrutura e analítica

Medir sen pedirlle permiso a un banner.

A analítica que instalamos é nosa e vive nos nosos servidores. Iso permite medir sen o cartel de cookies, ao amparo da exención de medición de audiencia que recoñece a normativa europea.

Matomo autoaloxado · Docker · Traefik

Deseño editorial

Do arquivo á imprenta, sen intermediarios.

Revistas e libros institucionais. Maquetamos, tratamos as imaxes, preparamos os perfís de cor e imos á imprenta a ver o primeiro prego saír da máquina. Se sae mal, é culpa nosa.

Suite Adobe completa · FOGRA 39 · proba certificada

Ver o caso

Fotografía e vídeo propios

Nada de bancos de imaxes cando o cliente non os quere.

Reportaxe de produto, instalacións e equipo, con tratamento de cor propio. Tamén vídeo cando o encargo o pide. As fotos que ves neste sitio son nosas.

Lightroom · Premiere · tratamento de cor

Boletíns e comunicación

Envíos que non dependen de ninguén.

Envíos institucionais desde infraestrutura propia. A lista de subscritores é túa, non dunha plataforma que mañá cambia de prezo ou de condicións.

Xestor de boletíns OpenSource · SMTP propio · RGPD

Traballos destacados

Organizados por proxecto. Cada un resolveu un problema que non se parecía aos outros.

Se algo do que viches se parece ao que tes entre mans, escríbenos.

Cóntanos o teu caso

Infraestrutura propia

Os proxectos dos nosos clientes non viven nun hosting compartido barato. Iso non é un capricho técnico: un servidor lento ou saturado castiga o posicionamento e a reputación do dominio.

Todo o que ves aquí é noso, montámolo nós e respondemos del.

ServidoresDedicados e VPS propios
Recursos garantidos, sen veciños que che tiren o servidor
AnalíticaFerramenta de medición autoaloxada
Os datos non saen da nosa infraestrutura, e permite medir sen banner de cookies
BoletínsXestor de envío de boletíns multicliente
A lista de subscritores é do cliente, non dunha plataforma allea
CopiasCopias automáticas e verificadas
Diarias, fóra do servidor, e comprobadas periodicamente

O que adoitan preguntarnos

Cantos sodes?

Somos poucos porque queremos. Aceptamos menos clientes dos que poderíamos, para poder atender ben aos que temos. Quen che colle o teléfono é quen fai o traballo: non hai xestor de contas no medio, nin un correo que pasa por catro persoas antes de que alguén che responda. Se nos escribes hoxe, contéstache a mesma persoa que che contestou en marzo.

E se un día quero marchar?

Lévalo todo. O código e os datos son teus desde o primeiro día, coa súa documentación, e os accesos ao servidor entregámoschos aínda que non nolos pidas. Se algún día decides cambiar de provedor, axudámosche coa mudanza. Ningún cliente noso quedou nunca atrapado por non ter as súas propias chaves.

Canto custa?

Damos orzamento pechado antes de empezar, cos supostos por escrito. Se algo cambia polo camiño, dicímolo antes de facelo, non na factura.

Xa temos quen nos leva a web

Non hai problema. Traballamos a miúdo ao lado doutros provedores e de axencias, cada un no seu. Non imos pelexar polo teu contrato de mantemento.

Teremos que aprender algo novo?

O panel faise para quen o vai usar, non para quen o programa. Formamos ao teu persoal e deixamos manual escrito. Se hai que chamarnos cada semana para unha tarefa rutineira, fixémolo mal.

Isto hai que sacalo a contrato

Estamos afeitos. Preparamos a documentación técnica que che pidan para o expediente, coas características e o cumprimento normativo detallados.

O que nos distingue

Nada que
non fagamos
nós.

O que programamos, mantémolo. O que deseñamos chega á imprenta revisado por nós, e as fotos son nosas.

Traballo técnico
para axencias

Se es unha axencia e precisas quen programe, manteña ou rescate, traballamos detrás de ti. As regras son sempre as mesmas.

  • Marca branca sempreO traballo sae coa túa marca. A nosa non aparece en ningures.
  • Sen contacto co teu clienteFalamos contigo. Se precisamos algo do cliente final, pídescho ti.
  • Non captamos os teus clientesNin durante o encargo nin despois. É a condición para que isto funcione.
  • Tarifa pechada de axenciaPrezos por peza e paquetes de horas, sen sorpresas a mitade de proxecto.
Como traballamos coas axencias

Falemos

Cóntanos
que precisas.

© 2026 Estudio Blanco. Todos os dereitos reservados.Aviso legal ·Privacidade ·Accesibilidade