Quen trata os teus datos
| Responsable | José Manuel Rodríguez Blanco (Estudio Blanco) |
|---|---|
| NIF | 32837620Z |
| Domicilio | Rúa Antonio Ríos, 66 G · 15009 A Coruña |
| Contacto | admin@estudioblanco.es |
Que datos recollemos
Se nos escribes
Se nos mandas un correo ou nos chamas, tratamos os datos que ti nos facilites para responderte e, se chega o caso, para xestionar a relación comercial.
- Finalidade: atender a túa consulta e manter o contacto profesional.
- Base xurídica: o teu consentimento ao escribirnos, e o interese lexítimo en responder a quen nos contacta. Se acabamos traballando xuntos, a base pasa a ser a execución do contrato.
- Conservación: mentres dure a relación e, despois, durante os prazos de prescrición legal. Se a consulta non deriva en nada, borrámola ao ano.
- Destinatarios: ninguén, agás obriga legal.
Este sitio non ten formularios. Só correo e teléfono.
Se navegas polo sitio
Usamos Matomo, unha ferramenta de analítica que instalamos e mantemos nós nos nosos propios servidores. Non usamos Google Analytics nin ningunha ferramenta que envíe datos fóra.
Por que este sitio non che pide aceptar cookies
Porque cumpre as condicións da exención de medición de audiencia, recoñecida polo Comité Europeo de Protección de Datos e desenvolvida pola autoridade francesa de protección de datos, que inclúe a Matomo entre as solucións que poden acollerse a ela.
As condicións que cumprimos son estas, e cúmprense todas:
- A analítica é de primeira parte e está autoaloxada. Os datos non se ceden a ninguén nin se cruzan con outros servizos. Só interveñen os provedores que aloxan a infraestrutura, como encargados do tratamento.
- O teu enderezo IP anonimízase antes de gardarse.
- Non hai seguimento entre sitios distintos. O que fagas aquí non se cruza con ningunha outra web.
- Os datos úsanse só de forma agregada, para saber que páxinas se len.
- Respectamos o sinal Do Not Track do teu navegador. Se o tes activado, non te medimos.
- Podes excluírte cando queiras, aquí mesmo, no botón de abaixo.
- As cookies detállanse na táboa seguinte e caducan aos 13 meses.
Cookies que usa a analítica
| Cookie | Para que serve | Duración |
|---|---|---|
_pk_id | Distingue visitantes de forma anónima | 13 meses |
_pk_ses | Agrupa as páxinas dunha mesma visita | 30 minutos |
_pk_ref | Garda de onde chegaches (buscador, ligazón) | 6 meses |
Non quero que se me mida
Se prefires quedar fóra da analítica, márcao aquí. A exclusión gárdase neste navegador e mantense mentres non borres os datos de navegación.
Onde están os datos
O sitio aloxase en servidores situados na Unión Europea. A analítica corre nun servidor xestionado por nós, tamén na Unión Europea, non nunha plataforma de terceiros. Non hai transferencias internacionais de datos. Os provedores que aloxan esa infraestrutura actúan como encargados do tratamento: non usan os teus datos para ningunha finalidade propia.
Os teus dereitos
Podes pedirnos acceder aos teus datos, rectificalos, suprimilos, limitar o seu tratamento, opoñerte a el ou solicitar a portabilidade. Escribe a admin@estudioblanco.es e respondemos no prazo dun mes.
Se cres que non tratamos ben os teus datos, podes reclamar ante a Axencia Española de Protección de Datos (aepd.es). Agradecémosche que nolo digas antes a nós, pero non estás obrigado.
Última actualización: 4 de agosto de 2026