Saltar ao contido
Inicio

Desenvolvemento e mantemento en marca branca

O equipo técnico que non tes que contratar.

Se es unha axencia de publicidade ou comunicación e precisas quen programe, manteña ou rescate, traballamos detrás de ti. Levamos anos facéndoo con axencias que nos traen proxectos institucionais.

As regras, por escrito

Sabemos cal é o teu medo cando contratas a alguén que tamén ten clientes directos. Estas son as condicións coas que traballamos, e non cambian.

Marca branca sempre

O traballo sae coa túa marca. A nosa non aparece en ningures, tampouco no código nin no pé da web. Se queres, tampouco na factura que lle amoses ao cliente.

Sen contacto co teu cliente

Falamos contigo. Se precisamos un dato, unha imaxe ou unha decisión do cliente final, pídescha ti. Se prefires que esteamos nunha reunión, imos como parte do teu equipo.

Non captamos os teus clientes

Nin durante o encargo nin despois. É a condición para que isto funcione, e é a razón pola que as axencias coas que traballamos seguen traballando connosco anos despois.

Tarifa pechada de axencia

Prezos por peza e paquetes de horas, distintos dos de cliente final. Sabes o que custa antes de empezar, e non hai sorpresas a mitade de proxecto.

Confidencialidade e accesos

Traballamos con acordo de confidencialidade se o precisas. Os accesos aos servidores e ás contas do cliente quedan ao teu nome, non ao noso.

En que che podemos axudar

A ti ofrecémosche a parte técnica e de produción, que adoita ser a que che falta. A estratexia e a relación co cliente son túas, e así seguen.

Desenvolvemento a medida

Paneis de xestión, aplicacións e ferramentas que ningún tema nin plugin resolve. Next.js, Symfony, PHP, PostgreSQL.

Webs e tendas

Desde o deseño que xa tes maquetado ata a web en produción. WordPress, Astro, WooCommerce.

Mantemento e rescates

Actualizacións e copias, e tamén o traballo incómodo: webs abandonadas hai anos ou comprometidas, devoltas a produción.

Infraestrutura e analítica

Servidores, correo, e medición autoaloxada que permite medir sen banner de cookies.

Editorial e arte final

Maquetación, perfís de cor e seguimento en imprenta cando o encargo do teu cliente chega ao papel.

Pídenos a tarifa de axencia

Ten prezos por peza, paquetes de horas con desconto por volume e plans de mantemento. Escríbenos e mandámoscha sen compromiso.

Falemos

Cóntanos
que precisas.

© 2026 Estudio Blanco. Todos os dereitos reservados.Aviso legal ·Privacidade ·Accesibilidade