Saltar ao contido
Todos os traballos

Concello de Pontevedra

Panel de Toponimia

O inventario toponímico do concello vivía nunha aplicación obsoleta. Construímos unha nova de cero, con mapa e cartografía, e recuperamos os datos que se perderan polo camiño.

Cliente
Concello de Pontevedra
Servizo de Normalización Lingüística
Ano
2026
Que fixemos
Desenvolvemento a medida, migración de datos e posta en produción
Estado
Fase 1 en produción desde xullo de 2026
Buscador público do panel de toponimia coa listaxe de topónimos e o mapa do concello

O punto de partida

O concello mantiña o seu inventario toponímico nunha aplicación antiga que xa non se podía soster. Recollía o traballo de anos de campo do Servizo de Normalización Lingüística: nomes de lugar, a súa localización exacta e a documentación asociada.

O encargo era substituíla por unha aplicación nova, cun buscador público útil e un editor de fichas para o persoal técnico.

A decisión que propuxemos

Presupostamos traballar directamente sobre a base de datos orixinal, sen migrala. Non era comodidade: era a forma de eliminar o risco máis grande do proxecto, porque unha migración de datos xeográficos é onde todo adoita romperse.

A migración fíxose igual, por outra vía, e chegou con perdas. A partir de aí, boa parte do encargo consistiu en volver poñer no seu sitio o que xa existía.

10.399fichas de topónimo na base de datos
8.301xeometrías no mapa entre puntos, liñas e polígonos
133fichas recuperadas do sistema anterior
184 MBde fotografía optimizada, desde 783 MB

Recuperar o que se perdera

Máis de dúas mil fichas quedaran sen a súa xeometría, sobre todo nas parroquias de Xeve e Ponte Sampaio. O sistema antigo gardaba cada ficha tamén como ficheiro de cartografía individual, e alí seguía a información.

Escribimos un proceso que reconstrúe as fichas afectadas a partir deses 17.049 ficheiros, comparando cada un coa base de datos nova. As que se podían recuperar de forma determinista recuperáronse. As demais quedaron documentadas unha a unha para que o servizo decida.

O que hai hoxe en produción

Un buscador público que filtra por parroquia e por 88 xenéricos distintos, que é o vocabulario propio da toponimia local: os agros, as brañas, os chamadeiros. O mapa amosa á vez puntos, liñas e polígonos, que era o difícil.

E un editor de fichas con permisos, para que o servizo manteña o inventario sen depender de nós. Esa é a parte que máis nos importa.

O código vive fóra do directorio público do servidor. Só é accesible desde a web o estritamente necesario.

Ficha técnica

AplicaciónSymfony 7.4 sobre PHP 8.2 ou superior, con Doctrine ORM e Twig
Base de datosPostgreSQL con PostGIS, para o traballo cartográfico
Cartografía2.312 puntos · 929 liñas · 5.060 polígonos
Fotografía441 imaxes optimizadas, de 783 MB a 184 MB
SeguridadeCódigo fóra do docroot. Roles de edición diferenciados
HitosDespregue en revisión o 23 de xuño de 2026. Fase 1 en produción o 3 de xullo

Falemos

Tes algo
parecido entre
mans?

© 2026 Estudio Blanco. Todos os dereitos reservados.Aviso legal ·Privacidade ·Accesibilidade