Deputación de Lugo
GALEGOZA
Unha exposición que percorre institutos da provincia, cun concurso para o alumnado. Fixemos a web e o panel que permite ao persoal do programa levar cada centro por separado.
- Cliente
- Deputación Provincial de Lugo
Vicepresidencia · Cultura - Ano
- 2026
- Que fixemos
- Deseño, desenvolvemento a medida e panel de xestión
- Estado
- En produción

Unha exposición que se move
GALEGOZA é un programa cultural que non ocorre nun sitio: vai de instituto en instituto pola provincia de Lugo. Cada centro ten as súas datas, o seu alumnado e o seu concurso.
Iso, que parece un detalle organizativo, é o que define todo o desenvolvemento. Non se trata dunha web cun formulario: cada centro é unha convocatoria independente, coas súas participacións e os seus resultados.
O concurso
O alumnado participa nun concurso tipo test vinculado ao contido da exposición. Espérase arredor de oitenta participacións por centro, o que quere dicir que o sistema ten que aguantar picos concentrados nas horas de clase e non a longo do día.
O persoal do programa xestiona todo desde un panel propio: dar de alta un centro, abrir e pechar a súa convocatoria, ver as participacións e exportar os resultados.
Feito a medida, e por que
Isto podería terse montado cun xestor de contidos e tres plugins. Non o fixemos, e a razón é que a lóxica do programa (centros, convocatorias, participacións, resultados) non se parece a nada que veña feito.
Cando o modelo de datos é o propio problema, adaptar unha ferramenta xenérica sae máis caro que construír a boa, e queda peor.
A parte que non se ve
Como é un sitio institucional, levou o traballo completo de posicionamento e marcado: mapa do sitio, canonicais, idioma declarado, e datos estruturados que identifican o organismo, o sitio e cada evento do calendario.
Tamén ten modo de mantemento, para as fiestras nas que hai que tocar algo sen que o alumnado se atope cunha páxina rota, e copias automáticas.
Ficha técnica
| Aplicación | Next.js 15 con App Router e TypeScript |
| Base de datos | MariaDB con Prisma |
| Sesións | Cookies cifradas, sen dependencias de terceiros |
| Validación | Esquemas tipados en servidor e cliente |
| Correo | Envíos transaccionais por API |
| Posicionamento | Mapa do sitio, canonicais, hreflang e datos estruturados de organismo, sitio e evento |
Outros traballos
Falemos
Tes algo
parecido entre
mans?